Thursday 02 de May de 2024

Inés Rey asiste á entrega da medalla Castelao e eloxia o traballo da Coral Polifónica El Eco


A alcaldesa amosou a súa satisfacción polo recoñecemento autonómico a esta institución centenaria da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asistiu esta mañá a entrega das Medallas Castelao, celebrada en Santiago de Compostela e na que unha das entidades homenaxeadas foi a Coral Polifónica El Eco.

Inés Rey amosou a súa satisfacción polo recoñecemento a esta institución musical da cidade e felicitou a todas as xeracións que formaron parte desta agrupación centenaria. A cerimonia, celebrada na Igrexa de San Domingos de Bonaval, contou coa actuación de El Eco.